jueves, 9 de junio de 2011

jueves, 2 de junio de 2011

Novo ataque a Sony

http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2011/06/03/00031307077974150825201.htm

miércoles, 1 de junio de 2011

Como poñer bonita unha páxina escrita en html

ACTIVIDADE 6 (venres 3 e mércores 8)
As follas de estilo, CSS, son a ferramenta que nos vai permitir darlle algo de "vidilla" a unha páxina creada con html.
Na seguinte páxina atoparás moitísima información sobre como crear páxinas web. Vai ao apartado CSS e explícame que entendes ti que son estas CSS. Pono no teu blog como unha entrada.
Neste tutorial soluciónase unha dúbida que me formulou onte Lucía.
Ata o apartado 5 do bloque 2 de contidos do índice é máis ou menos o que levamos visto estes dous días. No apartado 6 do bloque 2 é onde explica como crear unha folla de estilo.
Despois de ler detalladamente a explicación modifica a túa última "web" aplicándolle unha folla de estilo.

Seguimos co HTML

ACTIVIDADE 5 (venre 3)
Neste enlace encontrarás información suficiente para crear enlaces, inserir gráficos... (vai ao apartado "Enlaces e gráficos" do índice). Le con antención o que se explica e vai facendo probas se o consideras necesario.
Debes conseguir crear unha pequena web persoal onde contes algo moi breve sobre ti e despois apereza unha imaxe que te identifique (foto túa, debuxo...) que faga de enlace ao teu blog de clase. Debaixo da imaxe debes poñer un texto que avise de que hai qeu facer clic nela para entrar no teu blog.
Ademais engade unha lista coas túas páxinas favoritas. O enlace ás mesmas debe ser a través dun icono relacionado coa páxina. Debes poñer polo menos 3 páxinas.

martes, 31 de mayo de 2011

Comezando co html

Despois de ver a presentación é o momento de crear os primeiros documentos en html. Lembrade:(ACTIVIDADE 1. Instrucións válidas para as 4 primeiras).
1) Escribir código en html usando o bloc de notas
2) Escribir no "body" un pequeno saúdo similar ao que vedes abaixo en vermello
3) O título do "head" debe ser "Proba1 Alumno" (onde di "alumno" debe aparecer o voso nome).
4) Gardar o arquivo con formato .html na vosa carpeta (proba1.html)
5) (deberá ter o icono do explorador) Facede dobre clic e comprobade que se abre nunha pestana máis do voso navegador
6) Enviarme o arquivo a min (con extensión html!)
7) Copiar o código html tal e como o escribistes no bloc (abrir con...Bloc de notas) e pegalo na pestana "Edición de HTML" nunha nova entrada no voso blog. Observar o que ocorre.

Hola a todos. Estas son as miñas primeiras liñas escritas en linguaxe html

As seguintes actividades é crear os arquivos html axeitados para obter algo idéntico a isto:



martes, 24 de mayo de 2011

CONSELLOS PARA COMPRAR NA REDE

Clara infografía de EROSKI onde nos da varios consellos de seguridade á hora de comprar on-line

viernes, 20 de mayo de 2011

Movie Maker


Neste enlace tedes un TUTORIAL SINXELO sobre o MOVIE MAKER
Existen tutoriais máis extensos e os foros son moi útiles para resolver cuestións concretas...pero ide botándolle un ollo a este, sobre todo os que nunca manexastes o programa.

ACTIVIDADE A FACER:
Despois de velo tedes que editar o voso vídeo (esperemos que o deamos aberto despois de cambialo de formato): poñerlle un título de inicio e subtítulos se fora necesario, (se procede) música de fondo, transicións, cortar os anacos "baleiros ou sen sentido"... É dicir, retocar o vídeo para que quede presentable para velo "todo dun tirón".
  • Temos esta semana de prazo, ata o venres 27.

martes, 17 de mayo de 2011

Virus, troyanos, gusanos... e outros intrusos


Comeza realizando o test que se propón neste enlace, para ver que sabes destes conceptos relacionados coas redes informáticas e a seguridade das mesmas.

Tempo de investigar... FAI UNHA ENTRADA NO TEU BLOG ONDE RECOLLAS ESTES APARTADOS:
  1. Para comezar redacta coas túas palabras as diferenzas que hai entre un virus, un troyano e un gusano.
  2. Localiza os seus nomes en inglés (será interesante que os recordes por se che aparece algún aviso de que se colou no teu PC algún deles).
  3. Agora busca as definicións exactas destes tres intrusos e deixa claro cales son as diferenzas.
  4. ¿A que se lle chama MALWARE e de onde ven este nome (que significa)?
  5. Busca outros tipos de software malicioso (polo menos 6) e indica que moi brevemente que acción realizan no teu PC se se instalan nel.
  6. Consellos para evitar o malware no teu PC. Polo menos 3 accións diferentes que debas poñer en práctica para evitar na medida do posible que se colen estes desagradables invitados.
  7. Localiza nalgún lugar fiable da rede unha lista onde clasifiquen os antivirus, sinalando cal é considerado o mellor (comproba que estea actualizado! Fíxate na data de publicación).
  8. Localiza algunha páxina fiable (oficial se pode ser) onde poida ver alertas sobre virus e outro perigos da rede

miércoles, 27 de abril de 2011

Comezando co Audacity


Primeiras instruccións sobre o Audacity...
Mirade o enlace e lede con calma os enunciados dos exercicios propostos.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_250gm5wr4hh

jueves, 7 de abril de 2011

Sorprendente... A realidade supera a ciencia ficción

"Consiguen que un ordenador sea capaz de ´leer´ la mente"

Noticia da hoxe na prensa electrónica.
Cando menos "sorprendente".

viernes, 1 de abril de 2011

Acceso rápido e en diferido á información: RSS e Podcast

  • Ao comezo do curso mandeivos buscar a definición de RSS e de Podcast.
  • Nas exposición Anxo falou dun lector de RSS (google Reader) e posiblemente varias veces entrariades en páxinas onde puidestes ver a opción de "descargar podcast" e/ou "subscribirse a RRS".

Nesta actividade trátase de que nos quede totalmente claro que son estes dous conceptos e aprendamos a usalos/descargalos e mesmo crear un pouco máis adiante o noso propio podcast.
Entra no seguinte enlace e completa as actividades que se piden.

jueves, 31 de marzo de 2011

"#NeThinking" As redes sociais a debate na illa de San Simón

Destacados periodistas, expertos en redes sociais e activos blogueros reuníronse estes días na illa galega de San Simón, "a illa do pensamento" para analizar o escenario que fixo posibleo desenvolvemente da Rede.
Noticia en La Voz de Galicia.
Interesantes as conclusións e a definición que dan sobre a "fenda dixital".

domingo, 27 de marzo de 2011

Dereito de autor

Esta presentación mostra algunhas ideas básicas sobre dereitos de autor, propiedade intelectual...
É un tema moi complexo, así que isto só é unha aproximación borrosa para ter unha idea xeral.
Recordade que tedes que facer o traballo sobre as licencias CREATIVE COMMONS que está detallado no pdf que vos mandei

domingo, 20 de marzo de 2011

Imaxes na rede e programas


Para rematar o tema de imaxes fixas ("imaxes", en xeral) aquí vos deixo unha lista de 4 programiñas e/ou aplicacións relacionadas con este tema:
  • Flickr --> Flickr é un sitio web que permite almacenar, ordenar, buscar, vender e compartir fotografías e vídeos en liña. Neste enlace da wikipedia podes ver algúns datos máis.
Debes crear unha conta no Flickr e subir a foto da vosa caricatura. Debedes darme permisos a min para poder acceder a vela (buscade vós como facelo).
É bastante útil para localizar fotos de temas concretos, dado que están catalogadas con etiquetas ("tags"). Tenta localizar varias fotos dalgún tema que che guste e envíame a min os enlaces, indicando que buscabas.
  • Picnik: aplicación online que che permite editar fotos sen necesidade de ter descargado ningún programa. É moito máis limitado que os programas como gimp e photoshop, pero para facer un par de retoques pode resultar útil. Proba cos filtros e efectos que ten, a partir dalgunha foto que ti queiras.
Dedicádelle un ratiño, é moi divertido!! (a miña quedou como se ve...) Mandádeme o resultado e a foto orixinal ou colgádeo no voso blog, comentando que efectos lle aplicastes.
  • Photobucket
  • Photoscape: é un programa, habería qeu descargalo. É moi útil para facer murais, con varias fotos...Os resultados son bastante bos e resulta sinxelo usalo (vídeo??)

martes, 15 de marzo de 2011

Plantilla corrección exposición oral

No seguinte enlace podedes ver un modelo de plantilla (deseñado partindo dun existente na rede), que será a guía para poñer unha nota numérica á vosa exposición.
Cando teñades que volver a facer no futuro outra exposición pode servirvos de referencia para preparala; hainos máis e menos eleborados pero en case todos se valoran parámetros similares.

miércoles, 9 de marzo de 2011

As licencias CC e os dereitos de autor


No seguinte enlace podedes tedes as instrucións para o novo traballo que debedes facer. Antes do apartado 2 do traballo (consulta da pestana de Inicio), inclúe este outro apartado:
  • Le o "resumen" que aparece na primeira entrada e recolle os "Modelos sostenibles para la creatividad en la era digital" e indica se coñeces algunha aplicación que se sustente sobre algún destes modelos.
  • Escribe que é o que ti entendes que pretende lexislar a famosa "lei Sinde".

UN EXEMPLO:

Pagar por un valor engadido”: novos artistas que queren facerse un oco nese mundo tan difícil e ateigado, comparten e difunden de modo gratuíto as súas obras a través da rede. Moitas veces con isto consiguen que os chamen para unha actuación en directo.



Tempo estimado: 4 días = esta semana

Gifs con Gimp


Despois de ver este tutorial sobre como crear un gif co Gimp, agora é o momento de que vós creedes o voso propio gif e o colguedes no voso blog.
Na rede podedes localizar máis tutoriais sobre como recrear un gif (imaxe animada) co Gimp.
No seguinte enlace podedes ver algúns gifs creados outros alumnos de anos anteriores, por se vos poden servir de inspiración.
Se facedes clic na imaxe superior podedes ver o meu gif en movemento.

A rede social


Traduce coas túas propias palabras o significado da frase da portada da película.

No seguinte enlace de filmaffinity podedes ler unha boa reflexión sobre a película...

Lédea con detalle e redactade no no voso blog a vosa reflexión propia sobre esta historia (¿credes que está xustificada a traición ao seu amigo Eduardo Saverin?¿o éxito nos negocios e a lealdade son imposibles de combinar?¿credes que tiña idea Mark Zuckerberg da repercusión que ía ter o súa creación?¿Que pensas do personaxe e da influencia que ten Sean Parker?).

Hai unha frase na película que di "En internet se escribe con tinta"¿Que quere dicir?. Noutro momento da película califícanse como NERD's ¿sabes o que significa este termo?

jueves, 24 de febrero de 2011

Presentacións en Impress

No seguinte tutorial tedes moita información sobre o programa de presentación Impress de OpenOffice.
Hoxe recordaremos moi rapidamente algunha cousas básicas sobre as presentacións e logo será o momento de que vós preparedes a vosa.

domingo, 13 de febrero de 2011

Para o luns 14 de febreiro


  • Agora que puxen a data acábome de decatar de que hoxe é o día dos centros comerciais, pastelerías, panaderías e xoiería...Vamos, o santo máis "cursi" do calendario:San Valetín. Decorade o voso blog cunha declaración de amor, non te por que ser dirixida a ninguén en concreto nin a unha parella...Unha imaxe+unha frase e listo! Pode ser satírica ou entrañable, alá o que lle saia a cada un.
  • Hoxe debedes rematar a montaxe das 5 fotos do insti. Subídeas ao blog como unha tira de slideshow con filtro que imita o negativo dunha foto.
  • A continuación dedicade 5 minutiños a ler a miña entrada sobre "Consellos para a presentación" e ide esbozando o guión da vosa (podedes ir facendo algún ensaio directamente no openoffice Impress). O xoves debedes traer a presentación do voso traballo feita, a parte de contidos, para retocar o referente á presentación na clase.
    LEMBRADE que o mércores NON podo vir. Podedes aproveitar esa hora para facer parte da presentación.
COMPROBADE que me entregastes todo.

jueves, 10 de febrero de 2011

Consellos para a presentación

Expoñer é unha actividade complexa, non é suficiente dominar o tema, é necesario crear un bo ambiente, seducir, facer que a audiencia se apasione co teu tema.
Facer unha boa exposición pode ser clave para conseguir un ascenso, aprobar unha oposición ou convencer a ese cliente...
Ten en conta os seguintes consellos á hora de preparar a túa presentación.

A esencia do fracaso dunha presentación é ante todo o aburrimento. A xente pode soportar o ridículo e mesmo a estupidez, pero frente ó aburrimento queda indefensa.
Consellos para facer unha MALA PRESENTACIÓN.

  • Non te lies, non aburras, sé concreto.
  • Non debe haber información superflua.
  • Que sexa sinxela, pero non simple.
  • Breve pero contundente.

Conta algo que mereza a pena ser contado ós amigos, familiares, colegas de traballo. Algo que a xente recorde.

Próximas actividades

TAREFA 1:
Dado que en breve imos empezar coas presentacións debedes localizar algúns consellos sobre "COMO EXPOÑER EN PÚBLICO" e colgalos no voso blog, resumíndoos.
Deben estar colgados o domingo 13.
TAREFA 2:
Antes do luns (isto é o domingo como moito) debedes enviarme o título do voso traballo-exposición e explicar en 2 ou 3 liñas de que ides falar.

CURIOSIDADES: Webs capaces de "ler" textos

Entrade en vozme.com e mirade o que é o que fai esa páxina. Poñede un texto de saúdo e investigade como facer para introducilo no voso blog.
Localizade outra aplicación on-line capaz de facer o mesmo e poñede o seu nome/enlace na mesma entrada do voso blog.
Esta outra páxina tamén resulta curiosa, por exemplo para non ter que ler un texto no ordenador, o cal ás veces se fai bastante pesado... Esta ferramenta é capaz de lernos en voz alta o texto, como quen recita un conto:
http://www.portalvoz.es/faqs.htm

lunes, 7 de febrero de 2011

FOTO RETOCADA CO GIMP


A vantaxa do Gimp é que cun pouco de paciencia unha sempre sae moito máis favorecida!!

domingo, 6 de febrero de 2011

Rematando as tarefas do Gimp

O luns 7 e o mércores 9 de febreiro deberíavos a dar tempo a rematar os dous traballos que están empezados:
a) A vosa caricatura con Gimp. Lembrede que se ten que parecer a vós!! (Se non a nota non será máis dun 3)
b) Rematar de facer a montaxe de "O meu día en 5 fotos". As fotos deben ser retocadas co Gimp, tedes que engadirlles un pequeno texto, algún elemento irreal co que facer unha montaxe...
Escollede unha canción como "banda sonora" do voso día e colocádella de fondo nun slideshow. Enviádeme o enlace onde quede aloxado o voso novo slide.

Quen remate debe crear nun pequeno documento de texto (facédeo directamente en googledocs) que describa cronoloxicamente estas fotos. Máis adiante veremos que faremos con este texto. Por agora debedes deixalo gardado, sen máis.

domingo, 30 de enero de 2011

Actividades para esta semana

  • Hoxe temos que facer o cuestionario e cando o rematemos deberedes acabar todo aquilo que vos quede pendente no blog: gimp, entradas anteriores que aínda non colgarades, colocar o contador de visitas (que algúns aínda non puxestes)...
  • Para o mércores debedes traer a cámara dixital (se non a tedes a ver se alguén vola pode prestar)
Debedes crear unha historia titulada "un día no instituto", pero para iso só poderedes empregar 5 fotos, ás cales lle podedes colocar un título ou pé de foto. As fotos deberán ser retocadas co Gimp, ben para engadir efectos, ben para engardirlle algún matiz cómico, para acompañalas dun texto... As fotos deben ter un tamaño apropiado para subilas ao voso blog polo que seguramente teredes que reducir o seu tamaño.
Puntuarase que o "foto-cómic" teña un matiz cómico e admítense críticas (aspectos que vos gustaría mellorar do instituto) sempre que estean dentro dos límites do razonable.
A foto pode ser dun lugar, dun obxecto, dunha situación concreta, dunha persoa, dun grupo de persoas... ou combinacións disto.
  • O xoves remataremos as 2 actividades que nos quedan no tutorial do Gimp que estivemos vendo estes días.
  • Para o venres debedes traer unha foto vosa e empezaremos a traballar con ela. Antes falaremos un ratiño sobre as presentacións que tedes que facer dentro dunhas semanas.

jueves, 20 de enero de 2011

CONTINUACIÓN GIMP

GIFS DE FONDO TRANSPARANTE:
Neste apartado tedes que enviarme o resultado ao correo, gardándoo co formato do GIMP.


TRATAMIENTO POR LOTES
Este apartado debedes facelo na casa (aquí non tedes permisos para instalar) e enviarme os resultados por correo co prefixo AST e o sufixo TIC.
No punto de “instalacion de DBP en Windows” en lugar de “archivo>preferencias” debes ir a “editar>preferencias”.
Para copiar o pluggin descargado dentro da carpeta correspondente debedes ter pechado o GIMP para que non vos dea erro.
No apartado “Conversión por lotes” onde di Exts > Batch Process… pode que non o atopedes así, e teñades que buscar esa opción no menú de Filtros > Batch Process

domingo, 16 de enero de 2011

REPASANDO GIMP


Como non sei exactamente que é o que sabe cada un de vós deste programa empezaremos por facer os exercicios propostos no seguinte tutorial
http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/107/cd/imagen/imagen01.html

No menú da esquerda ide facendo clic nos diferentes apartados e facendo as modificacións que vos piden de cada arquivo. Comezade por estes:

  • CONCEPTOS BÁSICOS (lédeos con calma que máis adiante faremos un test sobre estes puntos)

  • EMPEZAR CON GIMP

  • OPTIMIZACIÓN

  • DIMENSIONES

Ata aquí non vos debería levar máis de 2 sesións, pode que algo menos.
TEDES que enviarme por correo todos os arquivos que vaides xerando CO NOME E EXTENSIÓN QUE SE PIDE.


  • Ide agora o apartado de COPIAR E PEGAR (saltádevos o de AÑADIR TEXTOS E LÍNEAS) para repasar como se poden “montaxes” xogando con varias imaxes para forman unha soa. As imaxes deste apartado tedes que colocalas nunha entrada do voso blog xunto cunha breve explación das ferramentas empregadas para facelas.


  • No seguinte apartado, EFECTOS ESPECIALES, deberás usar as imaxes creadas tanto no apartado FILTROS como no de TEXTOS e para crear o slideshow o cal deberá aparecer no voso blog (deberedes conseguir o código html e pegalo nunha entrada nova).

Esta semana deberemos como mínimo facer ata este apartado

miércoles, 12 de enero de 2011

lunes, 3 de enero de 2011

NOVO TRABALLO_INSTRUCIÓNS

No seguinte enlace podedes ver as instruccións para o próximo traballo deste trimestre. Lédeas con calma e preguntade as dúbidas. Como vedes este traballo debédelo preparar na casa e tedes tempo abondo para facelo.

Comezo de trimestre

ACTIVIDADE 0:
Para volver retomar os vosos blog o primeiro que debedes facer hoxe é unha pequena reflexión sobre estas festas; pode ser unha reflexión xeral sobre o nadal, un artigo gracioso sobre as festas, unha crítica ó noso modo de celebralo ou un comentario sobre as TIC e os regalos de nadal. (Recibistes algún regalo tecnolóxico??)
Acompañade esta nova entrada do blog cunha imaxe navideña que vos guste.
Etiquetas desta entrada: Nadal, 2º trimestre

ACTIVIDADE 1: TRATAMENTO DE DATOS DA ENQUISA
O seguinte que tedes que facer e comezar a analizar os datos que resultaron ao realizar os vosos compañeiros á vosa enquisa, sacando conclusións de xeito que poidades representalos en gráficas empregando o calc.
Non vos debería levar máis desta semana. O VENRES DEBE ESTAR ENVIADO AO MEU CORREO: debe ter formato de pdf, no que que teredes pegado previamente as gráficas feitas co calc.
Se alguén non ten claro como comezar que me pregunte.
Neste enlace podedes ver un traballo dos meus alumnos anteriores que vos pode servir de inspiración (aínda que as preguntas que eles fixeron non eran exactamente as mesmas).
Aquí podedes ver outra folla de resultados.