martes, 31 de mayo de 2011

Comezando co html

Despois de ver a presentación é o momento de crear os primeiros documentos en html. Lembrade:(ACTIVIDADE 1. Instrucións válidas para as 4 primeiras).
1) Escribir código en html usando o bloc de notas
2) Escribir no "body" un pequeno saúdo similar ao que vedes abaixo en vermello
3) O título do "head" debe ser "Proba1 Alumno" (onde di "alumno" debe aparecer o voso nome).
4) Gardar o arquivo con formato .html na vosa carpeta (proba1.html)
5) (deberá ter o icono do explorador) Facede dobre clic e comprobade que se abre nunha pestana máis do voso navegador
6) Enviarme o arquivo a min (con extensión html!)
7) Copiar o código html tal e como o escribistes no bloc (abrir con...Bloc de notas) e pegalo na pestana "Edición de HTML" nunha nova entrada no voso blog. Observar o que ocorre.

Hola a todos. Estas son as miñas primeiras liñas escritas en linguaxe html

As seguintes actividades é crear os arquivos html axeitados para obter algo idéntico a isto:



martes, 24 de mayo de 2011

CONSELLOS PARA COMPRAR NA REDE

Clara infografía de EROSKI onde nos da varios consellos de seguridade á hora de comprar on-line

viernes, 20 de mayo de 2011

Movie Maker


Neste enlace tedes un TUTORIAL SINXELO sobre o MOVIE MAKER
Existen tutoriais máis extensos e os foros son moi útiles para resolver cuestións concretas...pero ide botándolle un ollo a este, sobre todo os que nunca manexastes o programa.

ACTIVIDADE A FACER:
Despois de velo tedes que editar o voso vídeo (esperemos que o deamos aberto despois de cambialo de formato): poñerlle un título de inicio e subtítulos se fora necesario, (se procede) música de fondo, transicións, cortar os anacos "baleiros ou sen sentido"... É dicir, retocar o vídeo para que quede presentable para velo "todo dun tirón".
  • Temos esta semana de prazo, ata o venres 27.

martes, 17 de mayo de 2011

Virus, troyanos, gusanos... e outros intrusos


Comeza realizando o test que se propón neste enlace, para ver que sabes destes conceptos relacionados coas redes informáticas e a seguridade das mesmas.

Tempo de investigar... FAI UNHA ENTRADA NO TEU BLOG ONDE RECOLLAS ESTES APARTADOS:
  1. Para comezar redacta coas túas palabras as diferenzas que hai entre un virus, un troyano e un gusano.
  2. Localiza os seus nomes en inglés (será interesante que os recordes por se che aparece algún aviso de que se colou no teu PC algún deles).
  3. Agora busca as definicións exactas destes tres intrusos e deixa claro cales son as diferenzas.
  4. ¿A que se lle chama MALWARE e de onde ven este nome (que significa)?
  5. Busca outros tipos de software malicioso (polo menos 6) e indica que moi brevemente que acción realizan no teu PC se se instalan nel.
  6. Consellos para evitar o malware no teu PC. Polo menos 3 accións diferentes que debas poñer en práctica para evitar na medida do posible que se colen estes desagradables invitados.
  7. Localiza nalgún lugar fiable da rede unha lista onde clasifiquen os antivirus, sinalando cal é considerado o mellor (comproba que estea actualizado! Fíxate na data de publicación).
  8. Localiza algunha páxina fiable (oficial se pode ser) onde poida ver alertas sobre virus e outro perigos da rede