viernes, 31 de diciembre de 2010

Noticias tecnolóxicas o día 31

Entre as últimas noticias do ano hai un anaquiño para facer resume dos últimos trebellos tecnolóxicos que seguro que nestas datas convertiranse en moitos dos agasallos baixo a árbore.

Desfrutade da noite e que o ano entre cargado de enerxía e ganas de vivir

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Por se queredes baixar un vídeo de youtube...

  • Xa vimos este ano unha maneira rápida de descargar un vídeo de youtube, que era poñendo a palabra "bajar" despois das www. e antes do resto de URL do vídeo. Pero ás veces dá erro.
  • Tamén existen conversores on-line como o zamzar que vos permite facelo, copiando a URL directamente no lugar que vos pide e seleccionando o tipo de formato no cal queredes que volo descargue. Envíavos ao voso correo o arquivo. Pero tamén este dá problemas, sobre todo se os vídeos teñen un tamaño máis ou menos elevado.
  • Este programiña, aTubeCatcher, descargable sen problemas dende softonic, por exemplo, funciona moi ben e ten bastantes posibilidades. Descarga directamente á vez que permite gardar en multitude de formatos e con diferentes calidades.
Confio que vos sexa útil.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Open Calc

Fai clic na imaxe e poderás ver os próximos exercicios propostos...Será o Calc (Excel na versión privativa) só unha calculadora?? Espero que cando remates os exercicios teñas claro que é moito máis que iso.

Imaxes...

Detalles TIC

Para cando estedes sen facer nada

Debedes engadir no voso blog:
a) un contador de visitas, similar ao que se ve no meu
b) a lista de todas as etiquetas que levades usadas

Debedes INVESTIGAR VÓS como facer as dúas cousas.

Mentes brillantes+ciencia ficción+tecnoloxía = realidade

Como sempre se dixo... A realidade sempre supera á ficción (Máis ben, a ficción inspírase na realidade, aínda que non o saiba)

miércoles, 10 de noviembre de 2010

CURIOSIDADES

Onte viña unha noticia na prensa (en papel) dicindo que o explorer segue perdendo cuota de mercado/usuarios...Hoxe vin esta foto e lembreime da noticia...

Atallos co teclado. Moi útiles

Un modo curioso de facer unha pequena viaxe no tempo: A ruleta de Internet


miércoles, 3 de noviembre de 2010

Cousas pendentes

Cando acabedes o traballo sobre a evolución das TIC debedes facer:

1) Localizar algún tutorial no que vos explique como crear unha carpeta oculta. Mellor se é un tutorial en forma de vídeo. Ese vídeo deberédelo "embeber" como unha entrada no voso blog co título: "TRUCO1: CARPETA OCULTA".
Poñelo en práctica creando unha carpeta escritorio do ordenador onde estades.
Etiquetas desta entrada: Tema1, trucos

2) Crear 2 carpetas nos vosos docs que se chamarán "Tema0" e "Tema1". Deberedes organizar os documentos que tedes nesas dúas carpetas

3) Subir o documento dos medios de comunicación en pdf aos vosos docs e compartilo comigo.

martes, 26 de octubre de 2010

A HISTORIA DAS TIC

Na seguinte actividade debedes realizar un traballo no que de modo cronolóxico debedes contar como foron evolucionando os sistemas de comunicación ata chegar á situación actual, onde as TIC teñen un papel fundamental.
No seguinte enlace podedes ver con máis detalle os apartados que ha de ter o traballo.

  • Un dos obxectivos desta actividade é repasar todo o referente a formato nos documentos de texto (o que expliquei hai un par de semanas coa axuda do canón) polo que tanto a forma como fondo do traballo serán valorados.
  • Para que vos serva de referencia envíovos ao correo a presentación deste tema que vimos o primeiro día.
POR SUPOSTO o obxectivo deste traballo é crear un documento propio, NON COPIAR ANACOS da rede.


QUE SON E QUE NON SON AS TIC??

"Se pueden considerar las Tecnologías de Información y Comunicación (TIC) un concepto dinámico. Por ejemplo, a finales del siglo XIX el teléfono podría ser considerado una nueva tecnología según las definiciones actuales. Esta misma definición podría aplicarse a la televisión cuando apareció y se popularizó en la década de los 50 del siglo pasado. No obstante esto, hoy no se pondrían en una lista de TIC y es muy posible que actualmente los ordenadores ya no puedan ser calificados de nuevas tecnologías. A pesar de esto, en un concepto amplio, se puede considerar que el teléfono, la televisión y el ordenador forman parte de lo que se llama TIC, tecnologías que favorecen la comunicación y el intercambio de información en el mundo actual." (WIKIPEDIA).

"Las TIC conforman el conjunto de recursos necesarios para manipular la información y particularmente los ordenadores, programas informáticos y redes necesarias para convertirla, almacenarla, administrarla, transmitirla y encontrarla.

Se puede reagrupar las TIC según:

  • Las redes.
  • Los terminales.
  • Los servicios." (WIKIPEDIA)

miércoles, 13 de octubre de 2010

APLICACIÓNS DAS TIC

Tempo máximo: 1 sesión

  • Localiza aplicacións concretas e novidosas das TIC no eido da medicina, a ocio/relacións sociais e a educación. Cólgaas no blog coa etiqueta de "Tema 1"
  • Relato breve imaxinando un día normal na túa vida sen dispoñer de NINGÚN dispositivo electrónico (crear en docs e se non vos dá tempo rematádeo na casa). VALORARASE ORIXINALIDADE. Tédesmo que enviar ao meu correo cun formato/apariencia axeitado e en formato pdf.

TERMOS de hoxe

  • Esta actividade debe ser unha entrada do voso blog.
  • O tempo estimado para facela é de 1/2 sesións (máximo). Venres último día

Debedes localizar as definicións dos seguintes conceptos relacionados co tema:
  1. Fenda dixital (xa feito). DEBEDES POÑERLLE COMO ETIQUETA “Tema1”
  2. Concepto de “información” e formatos nos que pode transmitirse (algúns exemplos)
  3. O formato dixital. Ademais da definición debedes localizar
    • Novos dispositivos: localiza 2 dispositivos tecnolóxicos para a transmisión da información o máis novidosos posibles e incluír: foto, funcionamento, aplicación, prezo... Creade un documento en google docs a modo de táboa (folla apaisada) e poñédeo como un enlace nese aparatado.
  4. Tecnoloxías multimedia (definición e algún exemplo do que soen incluír neste termo)
  5. Mundos virtuais (exemplo)
  6. Intelixencia artificial

miércoles, 6 de octubre de 2010

martes, 5 de octubre de 2010

Noticas varias...(2)

Algunhas noticias novas

Redacta un pequeno texto no teu blog sobre "a fenda dixital": en que consiste, que supón, maneiras de evitala...

BO RESUME DOS TERMOS DA WEB 2.0


As definicións deste documento son moi acertadas e claras

Fai clic na imaxe para vela en grande

martes, 28 de septiembre de 2010

Web 3.0

Como temos problemas coas actualizacións dos ordenadores, teredes que localizar a información da web 3.0 a modo de texto.

Cando se busca información hai que ser paciente e ler varias/moitas páxinas ata irlle encontrando o sentido, despois de seleccionar e descartar a información relevante da pouco seria ou concreta.
INSTRUCCIÓNS para o seguinte exercicio.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Noticas varias...

Aí vos quedan un par de noticias tecnolóxicas, para cando rematedes os exercicios:

Unha noticia sobre Google, cada día con máis aplicacións.
YouTube tamén amplía as súas posibilidades.
O último en discos duros.
Cada vez máis pequenos: CPU integrada
Ollo co twitter
Mulleres na tecnoloxía; tamén estamos aí.

Imposible estar ao día, cada día saen cousas novas.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Actividade sobre a web 2.0

  1. Volvede a ver o vídeo da web 2.0 e anota polo menos 10 termos que estean relacionados con ela. (NO VOSO CORREO TEDES OS 10 TERMOS QUE HAI QUE LOCALIZAR OBRIGATORIAMENTE)
  2. A continuación localiza a súa definición exacta e crea unha entrada no teu blog co título "Web 2.0" e as definicións localizadas.
  3. Antes das definicións debes explicar en 2 liñas as vantaxes/diferenzas da web 2.0 con relación coa web 1.0.
  4. Busca información sobre a web 3.0 e resume nun documento de texto o que atopaches. Na rede hai moitos vídeos, moitos moi bos, moi clariños. NON te quedes con un, senón que dedica algo de tempo e xuntando toda a información recibida crea "a túa propia información". Debes indicar todas as fontes de información consultadas. Cando estea rematado, envíame ese documento ao correo.
Aquí queda outro vídeo moi interesante sobre a web 3.0 . Próximo reto: TRADUCILO (por sorte este xa está, pero quizais subtitulemos algún este ano).

Web 2.0

Aquí queda o enlace do vídeo da web 2.0 que vimos o martes 22 de setembro en clase.

Máis adiante volveremos sobre el para definir os conceptos que nel se citan.

COUSAS ÚTILES
Descargar vídeos de you tube:
Non sempre imos ter conexión e outras veces simplemente queremos deixar un vídeo gardado no noso ordenador. Na rede podedes encontar varias alternativas para facelo. Unha das maneiras máis sinxelas é escribir a palabra "bajar" despois do punto das www. na URL do vídeo. É dicir:
http://www.bajaryoutube.com/watch?v=OwWbvdllHVE

En ocasións internet e os ordenadores son caprichosos e non funcionan e non se sabe o por que, pero en principio este sistema funciona.

Descárgao en flv, extensión habitual dos vídeos en you tube. Para poder velo:
a) Tes que ter algún programa que reproduza ese tipo de arquivos (ACTIVIDADE 1 e 2)
b) Podes cambiarlle o formato. Para isto debes ter un conversor de formato (ACTIVIDADE 1 e 2)

jueves, 16 de septiembre de 2010

O voso blog, o voso "port-folio"

SAÚDOS A TOD@S!

A seguinte actividade que imos facer será crear cada un de vós o voso propio blog, similar a este que estades lendo. Ese blog será un dos meus instrumentos principais para avaliarvos, pois aí colgaredes a maoría dos traballos que vaiamos facendo, ou ben os enlaces a estes traballos.

A dirección web do blog deberá ser
http://ticsenantioquiaOVOSONOME.blogspot.com/

O título que lle poñades é libre, tendo presente que este é un blog de clase.

Cando o teñades creado enviádeme un correo coa dirección do voso blog. Asunto: "Actividade 0"