miércoles, 24 de noviembre de 2010

Por se queredes baixar un vídeo de youtube...

  • Xa vimos este ano unha maneira rápida de descargar un vídeo de youtube, que era poñendo a palabra "bajar" despois das www. e antes do resto de URL do vídeo. Pero ás veces dá erro.
  • Tamén existen conversores on-line como o zamzar que vos permite facelo, copiando a URL directamente no lugar que vos pide e seleccionando o tipo de formato no cal queredes que volo descargue. Envíavos ao voso correo o arquivo. Pero tamén este dá problemas, sobre todo se os vídeos teñen un tamaño máis ou menos elevado.
  • Este programiña, aTubeCatcher, descargable sen problemas dende softonic, por exemplo, funciona moi ben e ten bastantes posibilidades. Descarga directamente á vez que permite gardar en multitude de formatos e con diferentes calidades.
Confio que vos sexa útil.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Open Calc

Fai clic na imaxe e poderás ver os próximos exercicios propostos...Será o Calc (Excel na versión privativa) só unha calculadora?? Espero que cando remates os exercicios teñas claro que é moito máis que iso.

Imaxes...

Detalles TIC

Para cando estedes sen facer nada

Debedes engadir no voso blog:
a) un contador de visitas, similar ao que se ve no meu
b) a lista de todas as etiquetas que levades usadas

Debedes INVESTIGAR VÓS como facer as dúas cousas.

Mentes brillantes+ciencia ficción+tecnoloxía = realidade

Como sempre se dixo... A realidade sempre supera á ficción (Máis ben, a ficción inspírase na realidade, aínda que non o saiba)

miércoles, 10 de noviembre de 2010

CURIOSIDADES

Onte viña unha noticia na prensa (en papel) dicindo que o explorer segue perdendo cuota de mercado/usuarios...Hoxe vin esta foto e lembreime da noticia...

Atallos co teclado. Moi útiles

Un modo curioso de facer unha pequena viaxe no tempo: A ruleta de Internet


miércoles, 3 de noviembre de 2010

Cousas pendentes

Cando acabedes o traballo sobre a evolución das TIC debedes facer:

1) Localizar algún tutorial no que vos explique como crear unha carpeta oculta. Mellor se é un tutorial en forma de vídeo. Ese vídeo deberédelo "embeber" como unha entrada no voso blog co título: "TRUCO1: CARPETA OCULTA".
Poñelo en práctica creando unha carpeta escritorio do ordenador onde estades.
Etiquetas desta entrada: Tema1, trucos

2) Crear 2 carpetas nos vosos docs que se chamarán "Tema0" e "Tema1". Deberedes organizar os documentos que tedes nesas dúas carpetas

3) Subir o documento dos medios de comunicación en pdf aos vosos docs e compartilo comigo.