martes, 28 de septiembre de 2010

Web 3.0

Como temos problemas coas actualizacións dos ordenadores, teredes que localizar a información da web 3.0 a modo de texto.

Cando se busca información hai que ser paciente e ler varias/moitas páxinas ata irlle encontrando o sentido, despois de seleccionar e descartar a información relevante da pouco seria ou concreta.
INSTRUCCIÓNS para o seguinte exercicio.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Noticas varias...

Aí vos quedan un par de noticias tecnolóxicas, para cando rematedes os exercicios:

Unha noticia sobre Google, cada día con máis aplicacións.
YouTube tamén amplía as súas posibilidades.
O último en discos duros.
Cada vez máis pequenos: CPU integrada
Ollo co twitter
Mulleres na tecnoloxía; tamén estamos aí.

Imposible estar ao día, cada día saen cousas novas.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Actividade sobre a web 2.0

  1. Volvede a ver o vídeo da web 2.0 e anota polo menos 10 termos que estean relacionados con ela. (NO VOSO CORREO TEDES OS 10 TERMOS QUE HAI QUE LOCALIZAR OBRIGATORIAMENTE)
  2. A continuación localiza a súa definición exacta e crea unha entrada no teu blog co título "Web 2.0" e as definicións localizadas.
  3. Antes das definicións debes explicar en 2 liñas as vantaxes/diferenzas da web 2.0 con relación coa web 1.0.
  4. Busca información sobre a web 3.0 e resume nun documento de texto o que atopaches. Na rede hai moitos vídeos, moitos moi bos, moi clariños. NON te quedes con un, senón que dedica algo de tempo e xuntando toda a información recibida crea "a túa propia información". Debes indicar todas as fontes de información consultadas. Cando estea rematado, envíame ese documento ao correo.
Aquí queda outro vídeo moi interesante sobre a web 3.0 . Próximo reto: TRADUCILO (por sorte este xa está, pero quizais subtitulemos algún este ano).

Web 2.0

Aquí queda o enlace do vídeo da web 2.0 que vimos o martes 22 de setembro en clase.

Máis adiante volveremos sobre el para definir os conceptos que nel se citan.

COUSAS ÚTILES
Descargar vídeos de you tube:
Non sempre imos ter conexión e outras veces simplemente queremos deixar un vídeo gardado no noso ordenador. Na rede podedes encontar varias alternativas para facelo. Unha das maneiras máis sinxelas é escribir a palabra "bajar" despois do punto das www. na URL do vídeo. É dicir:
http://www.bajaryoutube.com/watch?v=OwWbvdllHVE

En ocasións internet e os ordenadores son caprichosos e non funcionan e non se sabe o por que, pero en principio este sistema funciona.

Descárgao en flv, extensión habitual dos vídeos en you tube. Para poder velo:
a) Tes que ter algún programa que reproduza ese tipo de arquivos (ACTIVIDADE 1 e 2)
b) Podes cambiarlle o formato. Para isto debes ter un conversor de formato (ACTIVIDADE 1 e 2)

jueves, 16 de septiembre de 2010

O voso blog, o voso "port-folio"

SAÚDOS A TOD@S!

A seguinte actividade que imos facer será crear cada un de vós o voso propio blog, similar a este que estades lendo. Ese blog será un dos meus instrumentos principais para avaliarvos, pois aí colgaredes a maoría dos traballos que vaiamos facendo, ou ben os enlaces a estes traballos.

A dirección web do blog deberá ser
http://ticsenantioquiaOVOSONOME.blogspot.com/

O título que lle poñades é libre, tendo presente que este é un blog de clase.

Cando o teñades creado enviádeme un correo coa dirección do voso blog. Asunto: "Actividade 0"