jueves, 24 de febrero de 2011

Presentacións en Impress

No seguinte tutorial tedes moita información sobre o programa de presentación Impress de OpenOffice.
Hoxe recordaremos moi rapidamente algunha cousas básicas sobre as presentacións e logo será o momento de que vós preparedes a vosa.

domingo, 13 de febrero de 2011

Para o luns 14 de febreiro


  • Agora que puxen a data acábome de decatar de que hoxe é o día dos centros comerciais, pastelerías, panaderías e xoiería...Vamos, o santo máis "cursi" do calendario:San Valetín. Decorade o voso blog cunha declaración de amor, non te por que ser dirixida a ninguén en concreto nin a unha parella...Unha imaxe+unha frase e listo! Pode ser satírica ou entrañable, alá o que lle saia a cada un.
  • Hoxe debedes rematar a montaxe das 5 fotos do insti. Subídeas ao blog como unha tira de slideshow con filtro que imita o negativo dunha foto.
  • A continuación dedicade 5 minutiños a ler a miña entrada sobre "Consellos para a presentación" e ide esbozando o guión da vosa (podedes ir facendo algún ensaio directamente no openoffice Impress). O xoves debedes traer a presentación do voso traballo feita, a parte de contidos, para retocar o referente á presentación na clase.
    LEMBRADE que o mércores NON podo vir. Podedes aproveitar esa hora para facer parte da presentación.
COMPROBADE que me entregastes todo.

jueves, 10 de febrero de 2011

Consellos para a presentación

Expoñer é unha actividade complexa, non é suficiente dominar o tema, é necesario crear un bo ambiente, seducir, facer que a audiencia se apasione co teu tema.
Facer unha boa exposición pode ser clave para conseguir un ascenso, aprobar unha oposición ou convencer a ese cliente...
Ten en conta os seguintes consellos á hora de preparar a túa presentación.

A esencia do fracaso dunha presentación é ante todo o aburrimento. A xente pode soportar o ridículo e mesmo a estupidez, pero frente ó aburrimento queda indefensa.
Consellos para facer unha MALA PRESENTACIÓN.

  • Non te lies, non aburras, sé concreto.
  • Non debe haber información superflua.
  • Que sexa sinxela, pero non simple.
  • Breve pero contundente.

Conta algo que mereza a pena ser contado ós amigos, familiares, colegas de traballo. Algo que a xente recorde.

Próximas actividades

TAREFA 1:
Dado que en breve imos empezar coas presentacións debedes localizar algúns consellos sobre "COMO EXPOÑER EN PÚBLICO" e colgalos no voso blog, resumíndoos.
Deben estar colgados o domingo 13.
TAREFA 2:
Antes do luns (isto é o domingo como moito) debedes enviarme o título do voso traballo-exposición e explicar en 2 ou 3 liñas de que ides falar.

CURIOSIDADES: Webs capaces de "ler" textos

Entrade en vozme.com e mirade o que é o que fai esa páxina. Poñede un texto de saúdo e investigade como facer para introducilo no voso blog.
Localizade outra aplicación on-line capaz de facer o mesmo e poñede o seu nome/enlace na mesma entrada do voso blog.
Esta outra páxina tamén resulta curiosa, por exemplo para non ter que ler un texto no ordenador, o cal ás veces se fai bastante pesado... Esta ferramenta é capaz de lernos en voz alta o texto, como quen recita un conto:
http://www.portalvoz.es/faqs.htm

lunes, 7 de febrero de 2011

FOTO RETOCADA CO GIMP


A vantaxa do Gimp é que cun pouco de paciencia unha sempre sae moito máis favorecida!!

domingo, 6 de febrero de 2011

Rematando as tarefas do Gimp

O luns 7 e o mércores 9 de febreiro deberíavos a dar tempo a rematar os dous traballos que están empezados:
a) A vosa caricatura con Gimp. Lembrede que se ten que parecer a vós!! (Se non a nota non será máis dun 3)
b) Rematar de facer a montaxe de "O meu día en 5 fotos". As fotos deben ser retocadas co Gimp, tedes que engadirlles un pequeno texto, algún elemento irreal co que facer unha montaxe...
Escollede unha canción como "banda sonora" do voso día e colocádella de fondo nun slideshow. Enviádeme o enlace onde quede aloxado o voso novo slide.

Quen remate debe crear nun pequeno documento de texto (facédeo directamente en googledocs) que describa cronoloxicamente estas fotos. Máis adiante veremos que faremos con este texto. Por agora debedes deixalo gardado, sen máis.