jueves, 16 de septiembre de 2010

O voso blog, o voso "port-folio"

SAÚDOS A TOD@S!

A seguinte actividade que imos facer será crear cada un de vós o voso propio blog, similar a este que estades lendo. Ese blog será un dos meus instrumentos principais para avaliarvos, pois aí colgaredes a maoría dos traballos que vaiamos facendo, ou ben os enlaces a estes traballos.

A dirección web do blog deberá ser
http://ticsenantioquiaOVOSONOME.blogspot.com/

O título que lle poñades é libre, tendo presente que este é un blog de clase.

Cando o teñades creado enviádeme un correo coa dirección do voso blog. Asunto: "Actividade 0"