miércoles, 24 de noviembre de 2010

Por se queredes baixar un vídeo de youtube...

  • Xa vimos este ano unha maneira rápida de descargar un vídeo de youtube, que era poñendo a palabra "bajar" despois das www. e antes do resto de URL do vídeo. Pero ás veces dá erro.
  • Tamén existen conversores on-line como o zamzar que vos permite facelo, copiando a URL directamente no lugar que vos pide e seleccionando o tipo de formato no cal queredes que volo descargue. Envíavos ao voso correo o arquivo. Pero tamén este dá problemas, sobre todo se os vídeos teñen un tamaño máis ou menos elevado.
  • Este programiña, aTubeCatcher, descargable sen problemas dende softonic, por exemplo, funciona moi ben e ten bastantes posibilidades. Descarga directamente á vez que permite gardar en multitude de formatos e con diferentes calidades.
Confio que vos sexa útil.